Mércores, 02 de febreiro de 2011
[02-02-2011] Dende o día 7 de febreiro a Escola Municipal de Música de Ames, que depende da Concellaría de Cultura, abre un novo prazo de matrícula para cubrir novas prazas durante este curso. As clases comezarán o día 1 de marzo e os interesados poderán inscribirse tanto nas clases de música e movemento, para nenos e nenas de entre 4 e 7 anos, como de instrumento, para os nenos e nenas de 7 anos en diante. O prazo para matricularse estará aberto ata o día 11 de febreiro. No caso de haber máis inscritos que prazas realizarase un sorteo o mércores 16 de febreiro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. Será preciso acudir ao sorteo ou mandar algunha persoa en representación.




