Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2014-2015

Luns, 09 de xuño de 2014

[09-06-2014] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, abre entre o 9 e o 21 de xuño o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2014-2015. Este período de preinscrición está dirixido ás persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas ofertadas realizarase un sorteo público, ao que é preciso asistir, o xoves 26 de xuño, ás 16:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A Escola, que remata as clases o próximo día 20 de xuño, fará como todos os anos a actuación de fin curso, ese mesmo día ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como os impresos de preinscrición, pagamento e domiciliación bancaria.