Luns, 11 de xuño de 2012
[11-06-2012] Ata o próximo 22 de xuño está aberto o prazo para realizar a matrícula nas novas prazas da Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2012-2013. As inscricións realízanse na Casa da Cultura do Milladoiro de 9:30h a 13:00h. e no Pazo da Peregrina Bertamiráns de 9:00h a 14:00h. O número de prazas e horarios pode consultarse na web do Concello. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre a oferta de novas prazas para o próximo curso e os impresos para formalizar a matrícula.




