Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de matrícula nas novas prazas

Luns, 11 de xuño de 2012

[11-06-2012] Ata o próximo 22 de xuño está aberto o para realizar a matrícula nas novas prazas da Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2012-2013. As inscricións realízanse na Casa da Cultura do Milladoiro de 9:30h a 13:00h. e no Pazo da Peregrina Bertamiráns de 9:00h a 14:00h. O número de prazas e horarios pode consultarse na web do Concello. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre a oferta de novas prazas para o próximo curso e os impresos para formalizar a matrícula.

A Escola Municipal de Música de Ames, EMMA, abre o prazo do 11 ao 22 de xuño para realizar a matrícula nas novas prazas ofertadas para o vindeiro curso, só para os empadroados no Concello de Ames. A admisión do alumnado no caso de existir máis demanda que número de prazas ofertadas será por sorteo público, ao que é preciso asistir. Este sorteo, que se fará por instrumento, levarase a cabo o vindeiro 28 de xuño, ás 16.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.

Despois do sorteo, darase de prazo ata o 6 de xullo para que os que teñan praza a confirmen, achegando ao Pazo da Peregrina e á Casa da Cultura do Milladoiro dúas fotos, o recibo do ingreso da cota de matrícula e a domiciliación bancaria cuberta para o cobro das cotas mensuais. Coas persoas que non obtiveran praza elaborarase unha lista de agarda, só para o curso 2012-2013, co obxectivo de cubrir posibles baixas.

As clases comezarán no mes de outubro e impartiranse no Edificio de Usos Múltiples de Aldea Nova. Para máis información pódese contactar a través do teléfono 981535940 e do correo escolademusica@concellodeames.org.