[07-06-2013] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, abre entre o 10 e o 21 de xuño o prazo de inscrición para as novas prazas do curso 2013/2014. Este período de inscrición está dirixido ás persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas ofertadas realizarase un sorteo público, ao que é preciso asistir, o mércores 26 de xuño, ás 16:30 h, na Casa da Cultura do Milladoiro. A Escola, que remata as clases o próximo día 21 de xuño, fará como todos os anos a actuación de fin curso, ese mesmo día ás 19:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como os impresos de matrícula, pagamento e domiciliación bancaria.
O período de renovación de prazas abrangue dende o 10 ata o 21 de xuño. A documentación para realizar a preinscrición poderá recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:00 horas, ou no Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, de luns a venres, no mesmo horario, de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, os impresos de preinscrición tamén se poden descargar na sección de AVISOS da páxina web municipal.
Os impresos deberán entregarse debidamente cubertos no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro; no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina; ou no rexistro xeral da Casa do Concello, estes dous últimos situados en Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se poderán presentar o sábado 15 de xuño no rexistro xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Non se admitirán solicitudes fóra de prazo.
Para obter máis información poden poñer en contacto coa oficina da Escola de Música no Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:00 horas, chamando aos números de teléfono 981 883 002-981 535 940, extensión 2300.




