Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de inscrición nas prazas libres do curso 2017-2018

Luns, 04 de setembro de 2017

[04-09-2017] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Educación e Cultura, abre un prazo para que o alumnado que estea interesado se inscriba nas prazas libres que quedan par o curso 2017-2018. Deste xeito, quedan 8 prazas libre na modalidade de música e movemento, para nenos/a nados en 2012, e 1 praza libre para a modalidade de saxofón. O prazo de inscrición vai do 4 ao 22 de setembro. As prazas cubriranse por orde de presentación das solicitudes no rexistro de entrada.

A Escola Municipal de Música de Ames abre un novo prazo de inscrición para todas aquelas persoas que estean interesados nas prazas libre que quedan para o curso 2017-2018. Estes alumnos/as poderán matricularse nas clases de música e movemento, en horario de luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. Quedan 8 prazas libres, que se cubrirán por rigorosa orde de rexistro de entrada, e que están dirixidas a nenos/as nados no ano 2012. Ademais, queda 1 praza para as clases de saxofón. Todas as clases da EMMA impártense no centro de usos múltiples de Aldea Nova.

Os impresos de solicitude poden descargarse na páxina web do Concello de Ames, no espazo “Avisos” ou recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Desde a Escola Municipal de Música de Ames poñeranse en contacto cos alumnos/as que obteñan praza, para que formalicen a matrícula na última semana de setembro. A documentación deberá entregarse do 4 ao 22 de setembro no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00horas.

Para obter máis información pódese acudir á Casa da Cultura do Milladoiro, de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como os impresos de inscrición, pagamento e domiciliación bancaria.