Pestanas principais

A Escola Municipal de Break Dance de Ames participou na Eurobattle 2011

Xoves, 05 de maio de 2011

[05-05-2011] O pasado fin de semana tivo lugar en O Porto (Portugal) a sétima edición da Eurobattle, un dos eventos de break dance e danzas de rúa referente a nivel internacional. A este evento asistiron oito integrantes da Escola Municipal de Break Dance de Ames acompañados polo responsable da escola Ramón Gey e de Pablo Castiñeira, presidente da asociación Vella Escola, que é a escola xestora da actividade no concello. A Escola Municipal naceu hai dous anos. Durante este curso están participando nesta escola arredor de 40 rapaces e rapazas, pero cada ano que pasa gaña máis adeptos.

O break dance entendido como deporte ou baile é unha actividade física recreativa moi interesante e positiva para a poboación moza en xeral, posto que a súa práctica habitual proporciona múltiples beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas. Así, o Concello de Ames puxo en marcha por segundo ano consecutivo a Escola de Break Dance.

Durante este curso están participando nesta escola arredor de 40 rapaces e rapazas, pero cada ano que pasa gaña máis adeptos. Un clara mostra de que esta escola está tendo un grande éxito é que de vez en cando fan saídas a diferentes eventos relacionados coa cultura urbana e incluso compiten nestes eventos. Un claro exemplo disto é o festival Eurobattle 2011, celebrado a finais de abril na cidade portuguesa de O Porto.

O pasado fin de semana tivo lugar en O Porto (Portugal) a sétima edición da Eurobattle, un dos eventos de break dance e danzas de rúa referente a nivel internacional. A este evento asistiron oito integrantes da Escola Municipal de Break Dance de Ames acompañados polo responsable da escola Ramón Gey e de Pablo Castiñeira, presidente da asociación Vella Escola, que é a escola xestora da actividade no concello.

O grupo amiense permaneceu en O Porto durante a xornada do sábado e o domingo para compartir con tres mil persoas procedentes de todo o mundo (España, Portugal, Francia, Holanda, Alemaña, Finlandia, Rusia, Corea, Estados Unidos, Venezuela e Brasil) competicións, obradoiros, shows e moito baile, a pe de pista, man a man cos mellores bailaríns do mundo, intercambiando coñecementos e contaxiándose da enerxía que estes desprenden.

A pesar de experimentar unha curta estancia na cidade lusa, as rapazas e rapaces da escola regresaron o domingo pola noite os seus fogares con moita enerxía e maiores expectativas de futuro na práctica desta disciplina de baile e que esperamos se transmita o resto dos compañeiros da escola.

Obxectivo desta actividade

O obxectivo principal que se persegue coa escola de break dance é achegar esta disciplina ao colectivo xuvenil (para mozos maiores de 12 anos) e promover os beneficios que ocasiona practicar este tipo de ocupación que aporta flexibilidade, forza, e traballo en equipo. Con esta escola preténdese ademais combater os prexuízos de perigo e inaccesibilidade desta actividade, xa que grazas ao grao de liberdade de execución que ofrece este tipo de práctica, todos os participantes poden ser capaces de experimentar a actividade ó seu ritmo, independentemente do nivel técnico ou das capacidades físicas de cada un.

A práctica do break dance ofrece ao alumno/a a posibilidade de expresarse libremente, sen pór barreiras a súa necesidade creativa e permite ademais superar os obstáculos físicos que se presentan cara á procura da superación persoal. O traballo en grupo a través das tarefas colectivas como as coreografías permite que os practicantes se estimulen e motiven entre si, potencia a creatividade motriz e favorece o desenvolvemento de habilidades sociais de cooperación, liderado e dirección de grupo, sempre baixo a aceptación e o respecto dos compañeiros.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "El 'break dance' de Ames participó en el Eurobatle"