[03-05-2012] Durante os meses de abril e de maio a Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns acolle unhas xornadas de portas abertas, que están dirixidas aos pais e nais que teñen aos fillos matriculados neste centro. Nesta actividade os pais e nais participan cos seus fillos/as dunha xornada dentro das aulas. Cada pai/nai pode observar como se desenvolve o seu fillo/a na escola, como se relaciona cos seus compañeiros/as, coa súa profesora, etc. Pero ademais os papás e mamás deben levar unha proposta para realizar con eles, sempre dependendo do grupo de idade do que se trate. Cada ano a participación é maior e a escola en agradecemento dálles un diploma que acredita a súa colaboración.
Os pais e nais dos cativos/as de 2 a 3 anos tiveron que tratar as súas profesións e realizar algo referido a elas. Deste xeito, os nenos e nenas puideron coñecer diversas profesións como podólogo, cociñeiro, policía, perruqueira, ama de casa, transportista, fisioterapeuta, caixeira de supermercado, enfermeira, etc.
Dende a escola infantil O Bosque agradecen a colaboración e o esforzo que realizan todos os pais e nais “ estas actividade realizase nun horario que é realmente complicado para aquelas persoas que traballan”. Ao rematar cada xornada os participantes reciben un diploma de participación nestas xornadas e unha reportaxe fotográfica como agradecemento. Ademais, todos os pais e nais poden ver unha reportaxe fotográfica de todas estas actividades na porta de entrada á escola e os que queiran poderán facer copias das fotos que máis lles gusten.
Os nenos e nenas da Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns están vivindo durante os meses de abril e maio unhas xornadas moi especiais. A escola municipal está organizando durante estas semanas unhas xornadas de portas abertas. Esta iniciativa realízase todos os anos por esta época e ten por obxectivo que os pais e nais participen cos seus fillos/as dunha xornada lúdica dentro das aulas. Deste xeito, cada pai/nai pode observar como se desenvolve o seu fillo/a na escola, como se relaciona cos seus compañeiros/as, coa súa profesora, etc.
Pero non só observan as actividades que realizan os cativos/as na escola senón que os papás e as mamás tamén teñen que levar unha proposta para realizar con eles e exercen de profesores/as por un día. Estas actividades teñen sempre en conta a idade de cada grupo de nenos/as. Así, os pais/nais dos nenos/as de 0 a 1 e de 1 a 2 anos prepararon algunha actividade para realizala na clase. Deste xeito contáronlles contos aos cativos/as, xogaron con pompas de xabón e globos, fixeron sombras coas mans e láminas con adhesivos, cociñaron, cantaron e incluso xogaron ao baloncesto.




