[25-05-2011] Durante os meses de abril e de maio a Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns acolle unhas xornadas de portas abertas, que están dirixidas aos pais e nais que teñen aos fillos matriculados nesta gardería. Durante estas semanas os pais e nais participan cos seus fillos/as dunha xornada dentro das aulas. Cada pai/nai pode observar como se desenvolve o seu fillo/a na escola, como se relaciona cos seus compañeiros/as, coa súa profesora, etc. Pero ademais os papás e mamás deben levar unha proposta para realizar con eles, sempre dependendo do grupo de idade do que se trate. Cada ano a participación é maior e a escola en agradecemento dálles un "diploma” que acredita a súa colaboración.
Os nenos e nenas da Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns están vivindo durante os meses de abril e maio unhas xornadas moi especiais. A gardería municipal organizou durante estas últimas semanas unhas xornadas de portas abertas. Esta iniciativa realízase todos os anos por esta época e ten por obxectivo que os pais e nais participen cos seus fillos/as dunha xornada lúdica dentro das aulas. Deste xeito, cada pai/nai pode observar como se desenvolve o seu fillo/a na escola, como se relaciona cos seus compañeiros/as, coa súa profesora, etc.
Pero non só observan as actividades que realizan os cativos/as na escola senón que os papás e as mamás tamén teñen que levar unha proposta para realizar con eles. Estas actividades teñen sempre en conta a idade de cada grupo de nenos/as. Así, os pais/nais dos nenos/as de 0 a 1 anos participaron das rutinas na aula e levaron algún xoguete, conto ou xogo, que ao seu fillo/a lle gusta especialmente para compartir cos seus compañeiros/as.
Os pais e nais dos cativos/as de 1 a 2 anos participaron nas xornadas de portas abertas levando algunha actividade preparada para realizar dentro da aula. Houbo actividades de todo tipo (contos, cancións, actividades de cociña, manualidades,etc.). Por último, os pais e nais con nenos/as de 2 a 3 anos tiveron que tratar as súas profesións e realizar algo referido a elas. Deste xeito, os nenos e nenas puideron coñecer diversa profesións como policía, médico, encargada de caixa dun supermercado, instalador de alarmas, monitora de comedores, construtor, comerciante, etc.
Cada ano a participación é maior e a escola en agradecemento dálle aos pais e nais un "diploma" que acredita a súa colaboración dentro desta iniciativa. O final coma sempre está a súa disposición unha reportaxe fotográfica na entrada da escola para que poidan ver todas as actividades que se fixeron.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Puertas abiertas en la guardería O Bosque de Bertamiráns"
La Voz de Galicia: "La guardería de Bertamiráns abre sus puertas a las familias"




