- Tematica
A II xornada da Liga Galega de Karate, celebrada o pasado sábado 20 de decembro no pavillón da Malata de Ferrol, saldouse cun total de 10 medallas para a Escola de Karate Dokkodo: 3 ouros, 2 pratas e 5 bronces nas categorías de kata e kumite. Tamén se sumaron 3 medallas na categoría de iniciación. O club, cun total de 10 deportistas das diferentes categorías nesta xornada, conseguiu a sexta posición no medalleiro xeral. A xornada rexistrou un total de 33 clubs participantes e 720 deportistas.
A Escola de Karate Dokkodo volveu rexistrar bos números tras as boas sensacións obtidas na primeira xornada da Liga Galega de Karate, na que o equipo amesán lograra 14 medallas en todas as categorías. Malia obter menos metais, os rapaces e rapazas de Dokoddo obtiveron unha mellor clasificación xeral, quedando en 6ª posición fronte á 13ª da data anterior. Na clasificación específica da categoría de iniciación, o club situouse o posto número 14.
Na categoría de kata a Escola Dokkodo obtivo dous dos tres ouros. Ambos foron na categoría alevín logo das vitorias de Thiago Blanco e Vera Quintás. Xián Blanco, Iván Carballo e Martina Barreiro foron todos bronce nesta disciplina nas súas respectivas categorías de competición.
En kumite foi onde se agrandou o medalleiro. Primeiro co ouro, outra vez, de Thiago Blanco en categoría alevín e o de Iván Carballo en xuvenil de iniciación. Tamén houbo pratas para Vera Quintás e Jadel Rodríguez e ata catro bronces, para Xián Blanco, Martina Barreiro, Martín Carballo e Raúl Rodríguez.
Con esta segunda xornada, a Escola de Karate Dokkodo consolida un bo inicio de tempada na Liga Galega, confirmando a liña de traballo e a progresión dos seus deportistas de cara ás próximas citas do calendario.
Novas relacionadas
Diario de Santiago: "A escola Dokoddo acada 10 medallas na II xornada da Liga Galega de Karate"






