Pestanas principais

A escola Dokkodo acadou oito medallas na 2º Xornada da Liga Galega de Karate

Venres, 16 de maio de 2025

O pasado sábado, día 10 de maio, a localidade de Cedeira acolleu a segunda xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que a Escola de Karate Dokkodo conseguiu un total de oito metais e catro diplomas, quedando entre os 11 mellores clubs no medalleiro.

A pasada fin de semana celebrouse en Cedeira a segunda xornada da Liga Galega de Karate, unha proba que nesta ocasión tivo un formato sen precedentes en Galicia. A cita, que se desenvolveu desde as 9:30 horas da mañá ata as 20:30 horas da tarde, contou con 703 deportistas inscritos e 38 clubs participantes, repartidos en 6 tatamis simultáneos.

Pola súa banda, a Escola de Karate Dokkodo, con 12 karatekas participantes, conseguiu situarse entre os 11 primeiros clubs do medalleiro, acadando finalmente un total de oito medallas (dous ouros, dúas pratas e catro bronces) e catro diplomas. O club amesán competiu nas modalidades de kata e kumite e en varios niveis, tanto de iniciación como avanzado.

Deste xeito, cómpre destacar as actuacións dos deportistas debutantes de Dokkodo: Martín García, que acadou o diploma en Kata Benxamín Masculino Iniciación; Pablo García, que realizou uns grandes combates a pesar de non conseguir metal nin diploma; Iván Carballo, que acadou dous diplomas na competición; e Martín Carballo, que conseguiu levar a medalla de prata da categoría Kumite Xuvenil Masculino <36kg en Iniciación na súa primeira participación. Con todo, a Escola Dokkodo tivo que lamentar a baixa de Xavier García que, debido a unha lesión de última hora, non puido participar nesta xornada.

Unha vez máis, o club amesán tivo unha participación moi destacada nunha cita que contou con karatekas do máis alto nivel e que demostra o gran momento polo que está a pasar o karate galego, deporte que medra cada vez máis.

A escola Dokkodo acadou oito medallas na 2º Xornada da Liga Galega de Karate

Multimedia

  • A escola Dokkodo acadou oito medallas na 2º Xornada da Liga Galega de Karate