Pestanas principais

A Escola de Karate Dokkodo pecha a temporada coa celebración do “Karate en Familia”

Sábado, 05 de xullo de 2025

O pasado venres, 28 de xuño, a Escola de Karate Dokkodo puxo o broche final a unha temporada na que acadaron resultados moi positivos para o club coa celebración da segunda edición do “Karate en Familia”, unha xornada na que as familias do alumnado da escola tamén puido probar de primeira man o karate e na que participaron máis de 70 persoas. 

A Escola de Karate Dokkodo pechou a temporada o pasado venres 28 de xuño coa celebración do seu “Karate en Familia”, unha actividade na que o alumnado do club puido practicar este deporte ao carón de familiares e amigos, gozando así dun adestramento diferente. Nesta sesión aberta de karate participaron máis de 70 persoas. 

O principal obxectivo desta actividade é poñer en valor a vinculación que existe entre o karate como deporte e dos principios e valores humanos asociados a el, como poden ser o respecto, o esforzo compartido e a capacidade de acompañar aos que están no camiño. Ademais, a pesar de que o karate sexa un deporte individual no que cada karateka percorre o seu proceso e camiño persoal de superación, nesta xornada tamén reflectiuse o sentimento de pertenza e compromiso que se pode crear nesta disciplina. 

Cerimonia de entrega dos cintos
Nesa mesma semana, tamén tiveron lugar os exames de grao, nos que todo o alumnado da Escola Dokkodo que se presentou obtivo a condición de apto. Deste xeito, a actividade de “Karate en Familia”, rematou coa cerimonia de entrega dos cintos para os karatekas que superaron dita proba. 

O club retomará a súa actividade no mes de setembro tras o paro do verán e, dende a escola, lembran, que as inscricións para a vindeira temporada 2025-2026 xa están abertas.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "A Escola de Karate Dokkodo pecha a temporada coa celebración do “Karate en Familia”"

A Escola de Karate Dokkodo pecha a temporada coa celebración do “Karate en Familia”

Multimedia

  • A Escola de Karate Dokkodo pecha a temporada coa celebración do “Karate en Familia”