Pestanas principais

A Escola de Karate Dokkodo participa no XLVIII Trofeo Internacional Princesa de Asturias

Martes, 20 de outubro de 2026

A Escola de Karate Dokkodo regresou de Oviedo con cinco medallas de bronce trala participación do XLVIII Trofeo Internacional Princesa de Asturias, celebrado o pasado sábado, 17 de outubro, no polideportivo Corredoria Arena. A competición reuniu preto de 500 deportistas de case 50 clubs, procedentes de diferentes comunidades autónomas e de Portugal.

A escola de Ames desprazouse á cita con oito deportistas e conseguiu subir ao podio en cinco categorías diferentes, tanto na modalidade de kata como na de kumite.

En kata, Vera Quintás García acadou o bronce na categoría alevín feminina, mentres que Mateo Quintás García foi terceiro en xuvenil masculino.

En kumite, Tiago Blanco Calvo conseguiu o terceiro posto en alevín masculino de máis de 33 kg e Xián Blanco Calvo repetiu resultado na categoría infantil masculina de máis de 42 kg. Completou o medalleiro Raúl Rodríguez Paulino, terceiro clasificado en júnior masculino de menos de 67 kg.

Xunto aos cinco medallistas, tamén participaron na competición Jadel Rodríguez Paulino e Iván e Martín Carballo Filgueira, completando a representación de Dokkodo nesta cita internacional que serviu para continuar preparando as vindeiras competicións, xa que a actividade competitiva continúa nas próximas semanas.

Os días 7 e 8 de novembro, os deportistas das categorías alevín a xuvenil desprazaranse a Ourense para disputar a Liga Nacional, coa clasificación para a Gran Final como obxectivo. O 15 de novembro será a quenda da primeira xornada da Liga Galega, que se celebrará en Ferrol.

Ademais, os días 27 e 28 de novembro, Raúl Rodríguez Paulino volverá representar a Dokkodo no Campionato de España cadete, júnior e sub-21, que se disputará en Valencia, tras conseguir unha vez máis a clasificación para esta cita nacional.

A Escola de Karate Dokkodo participa no XLVIII Trofeo Internacional Princesa de Asturias

Multimedia

  • A Escola de Karate Dokkodo participa no XLVIII Trofeo Internacional Princesa de Asturias