Pestanas principais

A Escola de Karate Dokkodo contou coa participación de seis deportistas na sexta xornada da Liga Nacional de Karate

Venres, 31 de outubro de 2025

A pasada fin de semana do 25 e 26 de outubro, a cidade de Ourense acolleu a sexta xornada da Liga Nacional de Karate na que participaron máis de mil deportistas de todo o país. Nesta ocasión, a Escola de Karate Dokkodo estivo representada por seis dos seus deportistas, contando coa participación de Tiago Blanco, Xián Blanco, Mateo Quintás, Jadel Rodríguez, Vera Quintás e Martina Barreiro. 

A cidade de Ourense acolleu a pasada fin de semana, os días 25 e 26 de outubro, a sexta xornada da Liga Nacional de Karate, unha proba na que participaron máis de mil karatekas de toda España e que, ademais, contou coa participación de seis deportistas do club amesán Escola de Karate Dokkodo. 

Xornada do sábado
Na xornada do sábado, foi a quenda de Tiago Blanco, Xián Blanco, Mateo Quintás e Jadel Rodríguez. Así, Tiago Blanco, que caeu en oitavos de final co que posteriormente sería o campión da xornada. Tiago realizou un gran combate na repesca pero non conseguiu pasar de ronda ao perder por 4-1. Con todo, o karateka acadou o 9º posto en kata alevín masculino, mentres que en kumite non conseguiu pasar do primeiro combate. 

Pola súa banda, Xián Blanco chegou ata dezaseisavos na modalidade de kata, sen posibilidade a poder loitar polas medallas pero realizando unha boa actuación. En kumite, Xián tamén foi emparellado co que máis tarde acadaría a medalla de ouro na categoría, polo que non conseguiu avanzar á seguinte ronda. 

Jadel Rodríguez chegou ata os cuartos de final, caendo co karateka que se proclamaría campión. Con todo, estivo a piques de conseguir a medalla de bronce na repesca, perdendo a 8 décimas do final do combate.  

O último en competir na xornada do sábado foi Mateo Quintás, que acadou os oitavos de final competindo a un alto nivel mais sen poder optar ás medallas. 

Xornada do domingo
Na segunda xornada da liga, foi a quenda de Vera Quintás e Martina Barreiro, pechando así a participación da Escola de Karate Dokkodo nesta competición.
 
Pola súa parte, Vera Quintás, alcanzou os oitavos de final en kata, sen opción a repesca pero realizando unha boa actuación. En canto á modalidade de kumite, na que a karateka do club amesán participaba por primeira vez nunha competición nacional, chegou cun 4-4 no marcador, saíndo derrotada só polo senshu (punto avanzado) pero competindo a un gran nivel. 

Así, Martina Barreiro foi a última en competir, caendo na primeira ronda tanto na modalidade de kata como na de kumite. 

A pesar de non acadar ningunha medalla, tódolos karatekas da escola realizaron un gran campionato, competindo a un gran nivel en cada combate e adquirindo experiencia, confianza e aprendizaxe para futuras competicións. 

Cómpre destacar que, ademais, a Escola de Karate Dokkodo contou con representación no estamento arbitral, formando parte do equipo Adrián Seoane, contribuíndo así ao bo desenvolvemento da xornada. 

Raúl Rodríguez, convocado coa selección galega
Ademais da participación na Liga Nacional, a Escola de Karate Dokkodo seguiu a recibir boas novas nesta semana coa convocatoria dun dos seus karatekas, Raúl Rodríguez, coa selección galega de karate para representar a Galicia no vindeiro Campionato de España das categorías cadete, júnior e sub-21, que terá lugar en Jaén os días 15 e 16 de novembro. 

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "A Escola de Karate Dokkodo contou coa participación de seis deportistas na sexta xornada da Liga Nacional de Karate"

A Escola de Karate Dokkodo contou coa participación de seis deportistas na sexta xornada da Liga Nacional de Karate

Multimedia

  • A Escola de Karate Dokkodo contou coa participación de seis deportistas na sexta xornada da Liga Nacional de Karate
  • A Escola de Karate Dokkodo contou coa participación de seis deportistas na sexta xornada da Liga Nacional de Karate
  • A Escola de Karate Dokkodo contou coa participación de seis deportistas na sexta xornada da Liga Nacional de Karate
  • A Escola de Karate Dokkodo contou con representación no estamento arbitral, formando parte do equipo Adrián Seoane
  • Raúl Rodríguez, da Escola Dokkodo, foi convocado coa selección galega para o vindeiro Campionato de España das categorías cadete, júnior e sub-21