Pestanas principais

Escoita os monólogos premiados no IV Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames, Desata a Lingua!!!

Venres, 05 de decembro de 2014

[05-12-2014] O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames acolleu a entrega de premios aos mellores monólogos do IV Concurso Radiofónico de Teatro Lido, Desata a lingua!!!. A concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, entregoulle os cheques aos gañadores, por valor de 200 euros cada un. O premio do público foi para o monólogo “A maquillaxe” escrito por Catalina González Bermúdez e interpretado por Araceli Gil Pubul, do Colexio Alca. O premio ao mellor guión orixinal foi para a peza “A regularidade”, escrita polos irmáns Jorge e Daniel Expósito Patiño, e interpretada por Daniel Iglesias Duro, do IES do Milladoiro. Por último, o premio á mellor interpretación foi para a obra “Cousas da vida”, escrita por Camila Caffarelli Popowicz e Rosalía Cid Tarrío, e interpretada pola propia Rosalía Cid Tarrío, tamén do IES de Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de sons, poderás escoitar os monólogos premiados neste concurso.