Pestanas principais

ENTREVISTAS PERSONALIZADAS ÁS FAMILIAS USUARIAS DA NOVA ESCOLA INFANTIL DE BERTAMIRÁNS, INCLUÍDA NA REDE AUTONÓMICA "GALIÑA AZUL"

Venres, 09 de setembro de 2016

[09-09-2016] O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa ao Concello de Ames de que a escola infantil de Bertamiráns, incluída na rede autonómica "Galiña Azul", entrará en funcionamento o próximo 15 de setembro, ao igual que os outros cinco novos centros dependentes dese ente público (Tomiño-Goián, Marín-Seixo, A Coruña-A Sardiñeira, Fene-Barallobre e Oza-Cesuras) que iniciarán a súa andaina no curso 2016-2017.

O persoal da escola de Bertamiráns está a chamar durante este venres, 9 de setembro, aos pais e nais dos nenos/as matriculados/as, para realizar entrevistas personalizadas e explicarlles a programación do inicio do curso e do período de adaptación. Os días 15 e 16 terá lugar unha xornada de portas abertas e unha asemblea informativa na que se dará conta das normas de funcionamento do centro. A partir desa data, os nenos irán incorporándose á escola no período de adaptación.