Pestanas principais

Entréganse os premios do XIIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018

Luns, 01 de abril de 2019

O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, foron os encargados de facer entrega dos premios do XIII Concurso de Escaparates de Nadal. O primeiro premio recaeu en Kierete Peluquería, do Milladoiro; o segundo en El Patio de Mi Casa-Perfumes, situado na mesma localidade; e o terceiro en Antela Viaxes, de Bertamiráns. Pola súa banda, os establecementos galardoados co Premio especial do público foron Arola Moda no Milladoiro, con 450 votos, e Queens Moda en Bertamiráns, con 152. No total, participaron no XIII Concurso de Escaparates de Nadal 46 comercios (23 en Bertamiráns e 23 no Milladoiro).

O salón de plenos da Casa do Concello vén de acoller a entrega de premios do XIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018, no que os establecementos comerciais de Ames competiron co engalando dos seus escaparates. A entrega de premios correu a cargo do alcalde de Ames, José Miñones, e da concelleira de Promoción Económica, Isabel González.

O segundo premio, outorgado a El Patio de Mi Casa-Perfumes, do Milladoiro, foi recollido por María Lareo Rodríguez, mentres que o terceiro premio concedido a Antela Viaxes, de Bertamiráns, recolleuno María Núñez Cea. Os representantes dos establecementos que non puideron acudir a dito acto poden pasar pola Casa do Concello para recoller o seu premio. O primeiro galardón está dotado con 1.000 euros, o segundo con 700€ e o terceiro con 400 euros.

O Premio Especial do Público, dotado con 200 euros, foi parar en Bertamiráns a Queens Moda, coa obtención de 152 votos. No Milladoiro, resultou gañador o establecemento Arola Moda e Complementos con 450 votos. O concurso, que foi organizado pola Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, contou coa participación de 46 establecementos, 23 de Bertamiráns e 23 do Milladoiro.

Por outra banda, realizouse a entrega dun dos cheques, por valor de 300 euros, que se sortearon entre todas aquelas persoas que emitiron, polo menos, un voto para elixir o Premio Especial do Público. As premiadas foron María Vilar Lagares e Lucía Puentes Vázquez, ambas de Bertamiráns, e María Sol Vidal Otero, de Teo. As gañadoras dos dous cheques que quedan por entregar poden pasar a recollelos pola Casa do Concello.

Ligazóns

Entréganse os premios do XIIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018