[26-06-2012] Os concellos de Ames, Brión e Negreira conmemoraron hoxe pola tarde o Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, cun Feirón Saudable que se celebrou na Carballeira de Santa Minia en Brión. Os rapaces e rapazas puideron participar en diferentes obradoiros e xogos populares. Ademais, este acto serviu para facer entrega dos premios do primeiro certame de carteis Ames, Brión, Negreira-Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. Os premios foron entregados por María Eugenia Marín, concelleira de Sanidade do Concello de Ames, Patricia Vázquez, concelleira de Xuventude do Concello de Brión, e Cintia Picado, concelleira de sanidade do Concello de Negreira. O Feirón Saudable irase realizando cada ano nun dos tres municipios.


Durante toda a tarde, organizáronse diferentes actividades e, ademais, entregáronse os premios ás autoras dos carteis gañadores no primeiro certame de carteis Ames, Brión, Negreira-Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. Os galardóns, dotados cun trofeo e un vale por importe de 50 euros cambiable por material escolar, foron parar a dúas alumnas de Ames e Negreira. O concurso quedou deserto en Brión, onde non se presentaron traballos. En total, presentáronse ao certame un total de 95 traballos.
O Feirón Saudable comezou ás 17.00 horas coa celebración de xogos populares (chave, aros, salto a corda, zancos, etc.) e de diferentes actividades, como un obradoiro de pulseiras. Unha hora despois, ás 18.00, tivo lugar a entrega de premios aos galardoados. Os premios foron entregados por María Eugenia Marín, concelleira de Sanidade do Concello de Ames, Patricia Vázquez, concelleira de Xuventude do Concello de Brión, e Cintia Picado, concelleira de sanidade do Concello de Negreira. O Feirón Saudable irase realizando cada ano nun dos tres municipios.
As galardoadas foron Nerea Montes Pérez, de 15 anos e que cursa terceiro da ESO no IES de Ames. O seu cartel leva como lema Drogas, que non te controlen. O premio de Nerea Monte recollérono seus pais xa que a rapaza está en Londres nun programa de intercambio. O outro galardón recaeu en Uxía Pérez Ponte, unha alumna de primeiro da ESO do IES Xulián de Magariños de Negreira. A rapaza, de 13 anos de idade, presentou un cartel co lema Saír é difícil, non entres.
Tras a entrega de premios, o Feirón continuou na Carballeira de Santa Minia con máis actividades destinadas aos mozos e mozas. Un dos obradoiros que máis interese espertou entre a mocidade foi o de elaboración de cócteles saudables. Os rapaces e rapazas puideron coñecer como se prepara un saboroso cóctel sen usar produtos con alcol. O obxectivo deste obradoiro foi ofrecerlle á mocidade unha alternativa para as noites que saen cos seus amigos. Deste xeito, saben que existen moitas bebidas que se poden consumir e que non teñen alcol. Ademais, pretendeuse sensibilizalos sobre o problema mundial da droga.

Contido relacionado

El Correo Gallego: "Feirón Saudable contra la droga para los alumnos de A Barcala y Amaía"




