Pestanas principais

Entréganse os premios aos establecementos que elaboraron as mellores tapas da iniciativa comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!”

Luns, 14 de xullo de 2014

[14-07-2014] O evento comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!”, organizado pola Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI), rematou o venres, 11 de xullo, cunha festa no aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado na esquina coa rúa Agriños. Esta festa desenvolveuse a longo de toda a tarde e contou con música e diferentes actividades de animación para os nenos e nenas. Tamén se realizou a entrega dos premios ás mellores tapas. A iniciativa comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!” desenvolveuse entre o 4 e o 11 de xullos en 66 establecementos comerciais e hostaleiros do Milladoiro.


O terceiro e último premio, dotado de 50 euros, foi para a cafetería O Trasno, que elaborou a tapa denominada “Trasnadas de grelos con xamón”. Ademais, os tres gañadores levaron o correspondente diploma acreditativo e 100 euros en produtos de Estrella Galicia.

Os premios foron entregados polo concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, a presidenta da Asociación de Empresarios do Milladoiro, Dolores Mella, e o secretario da Asociación de Empresarios do Milladoiro, Juan José Fernández.

Premios ás mellores tapas
Na festa do pasado venres entregáronselle os premios aos establecementos que elaboraron as mellores tapas. O premio á mellor tapa, dotado de 350 euros, foi para a cafetería-cervexería Babia, que elaborou unha filloa vermella rechea de bacallau e gambas con crema de piquillo e gratinada con queixo do país ao forno.

O segundo premio, dotado de 150 euros, recaeu na cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro. Neste caso elaboraron un prato típico de Venezuela, pero adaptado á gastronomía de Galicia tendo en conta o cocido galego. Esta tapa denomínase “Hallacas á galega”.

A Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) organizou ente o 4 e o 11 de xullo a iniciativa Merca, Tapea e Gaña!!!, que se desenvolveu en 66 establecementos comerciais e hostaleiros do Milladoiro. Este evento rematou cunha festa no aparcadoiro da Travesía do Porto do Milladoiro. Esta iniciativa estivo dividida en dúas partes que se complementaron: Merca, con descontos e promocións nas tendas, e Tapea, con ruta de tapas nos establecementos hostaleiros.

Ademais dos comercios e locais hostaleiros, tamén participaron nesta campaña 4 concesionarios de vehículos e o Centro Dental Macía, que ofertaron varios descontos e agasallos. Segundo explicaron dende a Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) con esta iniciativa pretendeuse dinamizar tanto o sector do comercio como a hostalaría local, así como ofrecéuselle aos clientes, veciños e visitantes unha oferta comercial e de ocio atractiva.