[31-07-2012] O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ames, Bernardo Moar, e o organizador da V Festa das Tapas do Milladoiro, Carlos Rivas, fixeron entrega do diploma acreditativo como campión desta edición á cervexaría Galway.
No acto tamén estiveron presentes, en representación do local, o seu xerente, Vicente Vázquez, e a creadora das tapas gañadoras, Verónica. Coincidindo coa celebración das Festas da Madalena, os días 3, 4 e 5 de agosto, Galway volverá a ofrecer aos seus clientes as tapas gañadoras desta edición. Deste xeito, os asistentes poderán volver a degustar o chupito de camembert e langostino, e os chipiróns recheos de setas e gambas sobre crema de espárragos e xamón.
Contido relacionado
El Correo Gallego: Entrega do diploma acreditativo ao gañador da Festa das Tapas do Milladoiro