[17-07-2014] Para ocupar o tempo de lecer que teñen os nenos e nenas dende o remate da Escola de Verán e o comezo do curso escolar, a concellaría de Educación do Concello de Ames pon en marcha o programa Setembro Lúdico. Esta iniciativa está dirixida aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1, 2, 3, 4, 5, 8 e 9 de setembro. O prazo de inscrición ábrese dende hoxe, 15 de xullo, ata o vindeiro 2 de agosto. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición no programa Setembro Lúdico e as bases dos programas lúdicos.