[25-10-2016] O pasado luns, 17 de outubro, foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a modificación puntual do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Ames, adoptada en relación coa revisión das previsións actualmente contempladas no mesmo ao respecto do sistema de clasificación profesional. Así créase dentro do convenio o grupo profesional B, que non existía ata o de agora. Integrarase neste grupo aquel persoal que ocupe ou desempeñe prazas/postos para cuxo acceso/cobertura se esixiu estar en posesión do título de Técnico Superior, ou equivalente. Dita modificación foi aprobada en Mesa Xeral de Negociación e no pasado pleno ordinario de xuño.
Esta modificación foi aprobada por unanimidade en Mesa Xeral de Negociación entre os representantes sindicais do persoal laboral e mailo goberno, para adaptar o convenio ao Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP). Así créase dentro do convenio o grupo profesional B, que non existía ata o de agora. Integrarase neste grupo aquel persoal que ocupe ou desempeñe prazas/postos para cuxo acceso/cobertura se esixiu estar en posesión do título de Técnico Superior, ou equivalente. A diferencia salarial que supón a creación do grupo B comezarase a aboar na primeira nómina de 2017, así como os atrasos dende a entrega en vigor deste acordo que correspondan co exercicio 2016.
Dende o goberno amesán considérase todo un avance e recoñecemento de dereitos esta modificación do convenio que permite a creación do grupo B ao que poderá adherirse o persoal do Concello que cumpra cos requisitos. Para o alcalde "dáse un paso máis e o goberno amosa a súa predisposición a facer valer os dereitos do persoal e que, conxuntamente coa modificación inicial da RPT consensuada e aprobada por unha ampla maioría dos traballadores, evidencia un xiro radical nas políticas de recursos humanos que se está a desenvolver por parte do actual goberno".
Asemade, o grupo A está divido en dous subgrupos (A1 e A2), así como o grupo profesional C que se divide en C1 e C2 segundo a esixencia de titulación. Esta modificación puntual do Convenio foi aprobada no pleno ordinario do mes de xuño e unha vez foi publicada no BOP xa está en vigor.
En canto á actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT) o goberno municipal está mantendo xuntanzas cos grupos da oposición para tratar de aprobar este modificación de mínimos, requisito esixido por lei para poder sacar adiante os orzamentos municipais. Esta modificación da RPT foi aprobada en Mesa Xeral de Negociación e posteriormente no Pleno de xuño. Unha vez aberto o período de exposición presentáronse varias alegacións contra dita modificación, polo que proximamente o goberno terá que levar este asunto a Pleno para aceptar ou desestimar ditas alegacións.
Cómpre lembrar que a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ames foi aprobada no ano 2007 e desde entón non houbo ningunha revisión nin modificación posterior a pesares das esixencias legais de adaptación de dita RPT aos contidos e circunstancias das necesidades reais do Concello en material de persoal. Tan só se incluíu nela o posto de Tesoureiro, modificación feita por previsión legal.




