[20-04-2012] O Concello de Ames está desenvolvendo o “programa Almorzames” en colaboración coa Gandaría A Portela e Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns. A través desta iniciativa estase repartindo de xeito gratuíto leite fresco entre as familias máis necesitadas de Ames. En pouco menos dun mes xa se repartiron un total de 1.123 litros de leite (883 en Bertamiráns e 240 no Milladoiro) entre os veciños e veciñas con menos recursos do concello. Ademais, a Gandería Portela cederá a Cáritas Diocesana de Bertamiráns e do Milladoiro un 10 por cento da recadación das máquinas expendedoras instaladas en Bertamiráns e no Milladoiro. Esta cesión farase en botellas de leite, polo que achegarán entre 350 e 400 litros de leite ao mes.
Para facer realidade o programa "Almorzames" foi necesaria a implicación efectiva de diferentes entidades que están a desenvolver o seu labor no concello de Ames. Así, Cáritas Diocesana encárgase do reparto do leite fresco pasteurizado, que é subministrado pola Gandaría A Portela. A través do programa "Almorzames", que comezou a funcionar hai preto dun mes, distribuíronse un total de 1.123 litros de leite fresco entre as familias de Ames máis necesitadas. En Bertamiráns repartíronse 883 litros de leite fresco, mentres que no Milladoiro distribuíronse un total de 240 litros.
Ademais, a Gandería Portela cederá a Cáritas Diocesana de Bertamiráns e do Milladoiro un 10 por cento da recadación das máquinas expendedoras instaladas en Bertamiráns e no Milladoiro. Esta cesión farase en botellas de leite, polo que achegarán entre 350 e 400 litros de leite ao mes.
Con esta iniciativa, impulsada a través das concellarías de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación; de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, trátase de dar un paso adiante para paliar as necesidades básicas dos núcleos familiares máis desfavorecidos. O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar, estivo este xoves 19 de abril na sede de Cáritas Diocesana de Bertamiráns para ver de primeira man como se está desenvolvendo este programa.
Busca de empresas colaboradoras
O Concello de Ames está a procurar a colaboración das empresas e organizacións locais interesadas en apoiar o desenvolvemento do programa "Almorzames". A través dos contactos realizados dende a Concellaría de Promoción Económica en busca de empresas colaboradoras neste proxecto, os primeiros en sumarse á iniciativa foron a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, entendendo as patronais de Ames as necesidades que teñen algunhas familias amienses e envorcándose con este proxecto solidario, aberto á colaboración do resto do tecido empresarial.
Desde a Concellería de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo asegúrase que o éxito desta iniciativa baséase na suma de moitos pequenos esforzos, entendendo que esta acción solidaria pode axustarse eficazmente ao interese de moitas empresas que pretenden compaxinar o seu labor como dinamizadores económicos cunha política comprometida no ámbito da responsabilidade social corporativa, especialmente neste momento de dificultade para moitas familias.
Neste sentido, o concelleiro Bernardo Moar explica que "xa estamos en contacto con algunhas empresas interesadas no proxecto. A intención e que se poida alongar no tempo o máximo posible, dadas as necesidades da cidadanía e o total compromiso dos empresarios co noso concello". Do mesmo xeito, o concelleiro de Promoción Económica destaca que o programa "Almorzames" está aberto tamén a todos os particulares que queiran colaborar. Sonia Moure como persoal técnico da Concellaría de Promoción Económica será a encargada de coordinar o programa. Os interesados en colaborar con esta iniciativa poden poñerse en contacto ca concellaría a través do teléfono 981 883 002 ou a través do enderezo electrónico turismo@concellodeames.org.




