[04-04-2016] A Escola Municipal de Música de Ames convida esta semana á veciñanza ás dúas audicións, a primeira, o martes 5, de percusión e a segunda, o xoves 7, de piano e frauta, preparadas polo alumnado. A audición de percusión ás 17:30 horas na aula 10 do Multiusos de Aldeanova, mentres que a de piano e frauta farao ás 16:45 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Na audición de percusión participan 11 alumnos e alumnas, de 1º a 5º curso de percusión. O primeiro en actuar será Miguel Teira Figueira, de primeiro ano. A continuación tocarán Brais Lago, de segundo ano, Nacho Seijo, tamén de segundo ano, Natalia Blanco, de primeiro ano, María Guerra, de primeiro ano, Martín Lois, de segundo ano, Roi Dorrego, de segundo ano e Anxo Vila, de terceiro ano. Pecharán a actuación catro interpretacións de catro alumnos de cuarto e quinto ano de percusión: Nicolás Pato e Eloi Zabala, de cuarto curso, e Marcos Morán e David Amoza, de quinto. Eloi Zabala e David Amoza interpretarán unha canción escrita polo profesor Amaury Quintero chamada A Tempo, o primeiro, e un arranxo deste mesmo profesor da obra de xilófono Titanic, o segundo.
Na audición de piano 30 alumnos interpretarán diversas pezas, entre elas algunhas de coñecidas películas como Amélie, Mary Poppins ou a canción The Entertainer, a partitura de Scott Joplin que o filme El golpe fixo tan famosa. O público realizará ademais un percorrido por cancións populares da música francesa, irlandesa ou coñecidas obras da música clásica.
Subirán ao Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, por orde de actuación: Marta Quevedo, Iria Rodríguez, Belén Merino, Daniel Cadenas, Xoana Quintela, Guillermo de la Riva, Natane Vilas, Mara Cernadas, Sara Morán, Sabela Souto, Alberte Carballo, Sabela Riveiro, Diego Cernadas, Jorge Cándamo, Flavia Rodríguez, Iago Suárez, Sara García, Mariña Formoso, Diego Cándamo, Martina Capelo, Flavia Fernández, Aldara Tubío, Noa Castiñeiras, Lucía López-Suevos, Andrea Rodríguez, Irea López, Irene Rodiles, Inés García, Daniel Lorenzo y Antía López. Tristesse será a obra que peche esta actuación do xoves 7 no auditorio da Casa da Cultura.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Audicións musicais hoxe e mañá e enquisas lexítimas"




