Pestanas principais

A EMMA lanza un obradoiro de iniciación ao Soundpainting

Domingo, 01 de marzo de 2026

A Escola Municipal de Música de Ames vén de anunciar a oferta dun novo obradoiro de Soundpainting, unha linguaxe de signos aplicada á composición en tempo real. Este obradoiro estará dividido en tres sesións de catro horas os días 28 de marzo, 11 de abril e 30 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas, e está dirixido a todo tipo persoas músicas de calquera procedencia. A entrada é de balde previa inscrición enviando o este formulario ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.

A Escola Municipal de Música de Ames presenta este obradoiro da man do músico compostelán Xacobe Martínez Antelo e dirixido a persoas de calquera nivel de formación musical. O Soundpainting é unha corrente na que o director compón ao vivo pezas improvisadas multidisciplinarmente e de xeito colectivo. 

A dinámica do obradoiro será facer unha inmersión lingüística no Soundpainting, descubrindo unha visión absolutamente enriquecedora e liberadora da improvisación musical. Como músico, creador ou artista, o Soundpainting é un punto de inflexión na forma de relacionarse co instrumento, coa escoita e coa improvisación a todos os niveis. 

A EMMA impartirá este obradoiro en tres sesións de catro horas cada unha. Deste xeito, a primeira será o día 28 de marzo; a segunda, o 11 de abril; e a terceira, o 30 de maio. Todas serán en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas. 

Inscrición
Todas as sesións do obradoiro serán de balde previa inscrición, a cal deberá facerse mediante o envío deste formulario ao enderezo de correo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. As prazas son limitadas, e malia estar dirixido a todo tipo de persoas músicas de calquera procedencia ou destino, terá preferencia o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames.

Novas relaiconadas

Diario de Santiago: "A EMMA lanza un obradoiro de iniciación ao Soundpainting"

A EMMA lanza un obradoiro de iniciación ao Soundpainting

Multimedia

  • A EMMA lanza un obradoiro de iniciación ao Soundpainting