Mércores, 09 de novembro de 2016
[09-11-2016] A Escola de Música Municipal de Ames informa de que hai sete prazas libres na actividade Música e Movemento. As aulas están dirixidas a nenas e nenos nados no ano 2012. As clases teñen lugar os luns e os mércores entre as 17:30 e as 18:30 horas.
Todas as actividades da EMMA impártense no Edificio Multiusos de Aldeanova. Os impresos para a matrícula pódense obter premendo nas ligazóns do apartado de descargas, ou presencialmente Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. A matrícula ordinaria da EMMA ten un custo de 50 euros e as cotas mensuais da actividade un prezo de 35 euros.




