Luns, 19 de decembro de 2016
[19-12-2016] O Concello de Ames informa de que os veciños e veciñas de Augapesada convidan a todas as persoas interesadas a participar na emisión en directo do programa televisivo La Voz, no que participa a cantante amesá Thais Rudiño. A emisión da fase final terá lugar este mércores, 21 de decembro, a partir das 21:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, para o que se habilitarán a proxección, equipo de son e conexión TDT. O Concello de Ames, a través de todos os grupos da Corporación Municipal, e a Asociación de Veciños Pedra do Fuso agradecen o apoio á cantante amesá e animan a os veciños e veciñas de Ames a asistir a este acto.




