[29-02-2012] O Concello de Ames informa de que co fin de proceder á elección de xuíz/a de paz titular deste municipio, en cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985 de 1 de xullo, do poder xudicial, ábrese a convocatoria de elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Para poder presentarse a esta convocatoria os solicitantes deben ser españois, ter dezaoito anos de idade, non ter acadada a idade de xubilación na carreira xudicial, presentar declaración xurada de non estar incapacitado/a para o exercicio da carreira xudicial e achegar unha declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incompatibilidade e no suposto de estar incurso/a, coa excepción de actividades profesionais e mercantís, compromiso de optar polo posto de xuíz/a de paz /a titular do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre a convocatoria de elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames.




