Pestanas principais

El Mehdi El Nabaoui e Laura Santos gañan a proba absoluta da XXI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Luns, 24 de outubro de 2022

A pesar da choiva que caeu onte durante a carreira pedestre popular Concello de Ames, un gran número de atletas participaron nesta proba deportiva que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta o gañador foi El Mehdi El Nabaoui, do club Oriente Atletismo, cun tempo de 31.27, e Laura Santos, do club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, cun tempo de 34.27. Esta proba pertence ao VIII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e forma parte do Campionato de Galicia das categorías sub20, sub23, absoluta e máster da tempada 2021-2022. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións da carreira pedestre.

A localidade de Bertamiráns volveu acoller este domingo, 23 de outubro, unha nova edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, cuxa saída e chegada estivo situada na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns. Nesta proba inscribíronse máis de 1.300 atletas. Deles, arredor de 650 inscribíronse nas categorías escolares femininas e masculinas (pitufos, prebenxamín, sub10, sub14 e sub16), mentres que na proba dos 10 quilómetros inscribíronse tamén arredor de 650 corredores/as pertencentes á categoría absoluta e sub18. Preme aquí para ver a galería completa de fotos da Carreira Pedestre.

Nesta edición, os gañadores absolutos da carreira foron El Mehdi El Nabaoui, do club Oriente Atletismo, cun tempo de 31.27, e Laura Santos, do club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, cun tempo de 34.27.

No segundo posto da categoría masculina quedou Esteban Iglesia Vila, do club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, cun tempo de 31.48, e terceiro foi Anxo Castro Varela, do club Vicky Foods Athletics, cun tempo de 31.58. Na categoría feminina, Sandra Mosquera Losada, do Comesaña Sporting Club, foi segunda cun tempo de 37.53, e na terceira posición quedou Isabel Caeiro Mariño, da Sociedade Gimnastica de Pontevedra, cun tempo de 38.55.

No tocante á clasificación de equipos, o primeiro posto foi para o Club de Atletismo Sar, que acadou 358 puntos, seguido do Club de Atletismo Cambados – Seguros Noval con 505 puntos, e terceiro foi o Club de Atletismo Santiago con 791 puntos. Na cuarta posición quedou o Club Atletismo O Pino con 921 puntos e a quinta posición foi para o Club deportivo Brión Hyupersa Santiago con 942 puntos.  

Entrega de premios
Unha vez rematadas as carreiras, procedeuse á entrega de trofeos no podio instalado na praza do Concello. Foron galardoados cun trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina. Houbo tamén catro premios en metálico: 250 euros para o gañador, 200 para o subcampión, 100 para o terceiro clasificado e 50 para o cuarto. Na proba absoluta, ademais, tamén recibiron un trofeo os tres primeiros corredores empadroados no Concello de Ames que chegaron á liña de meta. Pola súa banda, os máis pequenos foron premiados cunha medalla de chocolate.

Como vén sendo habitual durante as últimas edicións, tamén se entregou un trofeo aos tres primeiros clubs da carreira absoluta, e premios en metálico aos catro primeiros (250 euros para o gañador, 175 para o segundo clasificado, 100 para o terceiro e 75 para o cuarto).

Organización do evento
Organizada polo propio Concello, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, a proba pertence ao VIII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e forma parte do Campionato de Galicia das categorías sub20, sub23, absoluta e máster da tempada 2021-2022.

Nesta iniciativa tamén colaboraron os clubs de atletismo do concello (Millaraio, Sar e Ames Atletismo). Ademais, a Policía Local organizou un operativo especial no que colaborou a Agrupación de Protección Civil de Ames e o club ciclista Os Esfola Arrós. O control da carreira correu a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Mehdi El Nabaoui y Laura Santos se imponen en la Pedestre de Ames"

AMS GO!: "El Mehdi El Nabaoui e Laura Santos, gañadores da XXI Carreira Pedestre de Ames"

Imaxe da XXI carreira pedestre popular Concello de Ames

Multimedia

  • Imaxe da XXI carreira pedestre popular Concello de Ames

  • Imaxe do podio da XXI carreira pedestre popular Concello de Ames

  • Embedded thumbnail for