Pestanas principais

A EIM A Madalena realizou unha actividade interxeracional entre o alumando da escola e os usuarios do Centro de Día do Milladoiro

Sábado, 24 de xuño de 2017

[24-06-2017] Pintaron, cantaron e mesmo merendaron xuntas e xuntos; estas, e outras actividades, foron as que realizaron en conxunto o alumando da EIM A Madalena e os usuarios do Centro de Día do Milladoiro. Unha experiencia valorada como moi positiva polas dúas partes, debido á grande empatía existente entre crianzas e maiores.

Os usuarios do Centro de Día do Milladoiro realizaron unha visita a Escola Infantil Municipal A Madalena.. Durante a visita, realizaron varias actividades en conxunto: fixeron un mural con diferentes técnicas plásticas e cantaron cancións coñecidas por todas e todos (A Rianxeira, A Saia da Carolina ou Arroz con Chícharos).

A xornada acabou cunha merenda, na que os maiores puideron ver a autonomía da que xa gozan as nenas e nenos da escola. Asemade, os usuarios do Centro de Día ofreceron a escola varios agasallos: lapiseiros para todas as aulas e un ramo de flores, todo realizado con material de refugallo.

A experiencia foi valorada positivamente polas dúas partes, polo que se espera que se volva a realizar nun futuro.