Pestanas principais

As E.F.S. Trasgos organizan unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala ata o 21 de xuño

Venres, 14 de xuño de 2019

As E.F.S. Trasgos están desenvolvendo unhas xornadas de portas abertas de fútbol masculino co obxectivo de captar nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten este club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todos aqueles rapaces que desexen acudir. Deste xeito, todos os nenos que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderán acudir ao pavillón do Milladoiro, os mércores de 18.30 a 19.30 horas, e ao pavillón de Bertamiráns, os venres de 18.00 a 19.00 horas. Estas xornadas realizaranse ata o 21 de xuño.

As E.F.S. Trasgos abren, un ano máis, os seus adestramentos a todos aqueles nenos interesados en ver o traballo dos xogadores do equipo amesá dende dentro. Así, ata o 21 de xuño, todos os interesados poderán acudir ao pavillón do Milladoiro, os mércores de 18.30 a 19.30 horas, e ao pavillón de Bertamiráns, os venres de 18.00 a 19.00 horas. Este ano cambian o formato de portas abertas e adestrarán compartindo o pavillón coas xogadoras do FC Meigas.

O obxectivo destas xornadas de portas abertas, para as que non é necesario inscrición previa, é o de captar nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten este club amesá. Así, o único requisito para entrar a formar parte do club é ter entre 4 e 14 anos. Para obter máis información podes chamar ao número de teléfono 670 518 120 ou enviar un correo electrónico ao enderezo efstrasgos@gmail.com.

Cartel das xornadas de portas abertas das E.F.S. Trasgos

Multimedia

  • Cartel das xornadas de portas abertas das E.F.S. Trasgos