[02-06-2015] A seguridade viaria segue a ser unha prioridade para a Policía Local de Ames. Deste xeito, o corpo de seguridade amesá durante os meses de abril e maio imputou dezaseis delitos contra a seguridade viaria, a maior parte deles por dar positivo nos controis de alcol e drogas, así como por conducir sen o correspondente permiso de circulación. Tamén interviron en catro casos de violencia doméstica. Ademais, ata o día 7 de xuño, a Policía Local de Ames está participando nunha campaña especial sobre o control da taxa de alcohol e a presenza de drogas en condutores.
Dentro do traballo de vixilancia e control que realizan os axentes da Policía Local de Ames, durante o mes de abril detectáronse dous condutores que circulaban polas rúas do Milladoiro, cunha taxa de alcol que superaba o permitido. Un dos condutores dou un resultado de 0,81 ml de alcohol en aire expirado, mentres que outro arroxou un resultado de 0,74ml de alcohol en aire expirado. A ambos os dous condutores imputóuselle un delito contra a seguridade viaria.
Ademais, durante o mes de abril, imputáronselle dous delitos contra a seguridade viaria a dous condutores que circulaban polo Milladoiro sen a correspondente autorización administrativa pola perda total de puntos asignados. Por último, en abril, os axentes do corpo de seguridade amesá tiveron que acudir a tres chamadas alertando de tres presuntos casos de violencia de xénero. Nos tres casos instruíronse dilixencias para o xulgado de garda correspondente.
Actuacións en maio
O fin de semana do 1, 2 e 3 de maio, na quenda de noite, levouse a cabo un dispositivo especial de prevención de alcohol e drogas. Os resultados obtidos neste dispositivo especial foron, dous positivos por consumo de estupefacientes, (empregando o sistema de detección Drug Wipe que foi recentemente adquirido pola Policía Local de Ames), e catro infraccións administrativas por circular con vehículo a motor con taxas superiores ás permitidas en aire exhalado.
O 26 de maio volveuse a levar a cabo un dispositivo especial de prevención de alcohol e drogas. Os resultados obtidos nesta ocasión foron dous positivos por consumo de estupefacientes, un positivo por cánnabis, e dúas infraccións administrativas por circular con vehículo a motor con taxas superiores ás permitidas en aire exhalado. Tamén se lle imputou un deleito contra a seguridade viaria a un condutor que circulaba a gran velocidade polas rúas de Bertamiráns e que fuxiu no momento en que os axentes lle deron o alto. Por último, no mes de maio detívose a unha persoa coma presunta autora dun deleito de violencia de xénero.
Campaña de control de alcol e drogas
Por outra banda, a Policía Local de Ames está participando nunha campaña especial sobre o control da taxa de alcohol e a presenza de drogas en condutores, enmarcada nas campañas da Dirección Xeral de Tráfico. Dende o corpo de seguridade amesá advirten que nos últimos controis detectáronse varios casos de positivos nos controis de drogas polo que recomendan precaución.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "La Policía Local amiense imputó 16 delitos de tráfico durante abril y mayo"
El Correo Gallego: "La Policía Local de Ames imputó en los últimos dos meses 16 delitos de tráfico"




