Martes, 12 de xullo de 2016
[12-07-2016] A unidade móbil de doazón de sangue estará no Milladoiro os días 12 e 13 de xullo. O autobús do Centro de Transfusión de Galicia estará situado na rúa da Cruxa (ao carón de supermercados El Árbol). O horario de atención será de 15:30h a 21:00 horas. De seguido, desprazarase a Bertamiráns para estar os días 14 e 15 deste mesmo mes na avenida da Maía (ao carón da praza da Maía). O horario de atención será o mesmo: de 15:30h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas do Milladoiro e de Bertamiráns que así o desexen.




