Pestanas principais

Durante a noite de San Xoán arderán 165 cacharelas no concello de Ames

Xoves, 23 de xuño de 2016

[23-06-2016] Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. Este ano concedéronse un total de 165 permisos para realizar cacharelas na noite do 23 de xuño. Está previsto que haxa 135 cacharelas na zona rural e 21 nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Na zona urbana os permisos foron solicitados por veciños e establecementos hostaleiros. Ademais, 9 asociacións de veciños solicitaron permiso para realizar a súa propia cacharela.

As comisións de festa e asociacións de veciños de Ames xa teñen preparadas as festas que van realizar con motivo do San Xoán. Este ano houbo un gran número de peticións para realizar cacharelas tanto nas zonas rurais do municipio coma na zona urbana. Deste xeito, o concello de Ames autorizou 165 solicitudes de cacharela. Unha vez obtido o permiso, os responsables da fogueira están na obriga de seguir as normas que publica o Concello. O obxectivo é procurar facer as cacharelas coas precaucións necesarias.

Para a zona rural tramitáronse 135 permisos para realizar cacharelas, mentres que para a zona urbana concedéronse 21 permisos de cacharelas e sardiñadas. Ademais, 9 asociacións de veciños solicitaron permiso para realizar a súa propia cacharela. As cacharelas destas asociacións realizaranse en Tarrío, Agro do Muíño, Aldea Nova, Lens, As Mimosas, A Agrela, Ventín, Framil e Costoia.

Na zona rural haberá 9 cacherlas na parroquia de Agrón, 27 en Bugallido, 32 en Ames, 4 en Trasmonte, 3 en Piñeiro, 18 en Biduído, 3 na Ameixenda, 18 en Covas e 21 en Ortoño. Por outra banda, realizarase 10 cacharelas/sardiñadas en Bertamiráns e 11 no Milladoiro.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames dou 165 permisos para as cacharelas"