Pestanas principais

Dótase á brigada municipal cun camión volquete con grúa e cunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal

Sábado, 16 de marzo de 2024

Este pasado venres o alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse ata a nave da brigada municipal de obras. Alí puideron conversar con varios dos traballadores municipais despois de recibir o novo camión volquete con grúa e maila nova desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal. Con este novo equipamento trátase que o persoal da brigada municipal de obras e servizos básicos poida realizar o seu traballo en mellores condicións.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, realizou un importante investimento para mellorar o equipamento do persoal da brigada municipal de obras coa adquisición dun camión volquete con grúa e dunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal.

O alcalde de Ames, Blas García, explica que “o obxectivo é que o persoal da brigada dispoña do material e equipamentos necesarios para realizar o seu traballo nas mellores condicións posibles”. O rexedor municipal precisou que xa se comezou “no pasado mandato coa substitución de dous vehículos” e que estas adquisicións van permitir unha maior “eficacia e eficiencia nos traballos da brigada municipal”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, tamén incidiu en que “dende o goberno municipal estase a traballar para mellorar as condicións de traballo do persoal da brigada de obras”.

Aprobación dun investimento de preto de 150.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou a finais do pasado ano o subministro dun camión volquete con grúa, que tivo un custe de 108.621,70 euros (IVE incluído), á empresa Inturasa Pérez Rumbao SA.

Tamén se aprobou en Xunta de Goberno Local o subministro dunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal. Dito contrato foi adxudicado á empresa Maquinaria Agrícola del Noroeste SL e tivo un custo para o Concello de 40.929,46 euros.

En total investíronse 149.551,16 euros na mellora do equipamento da brigada municipal. Estes investimentos están incluídos dentro do plan Ames Progresa 2021-2023.

Dótase á brigada municipal cun camión volquete con grúa e cunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal

Multimedia

  • Dótase á brigada municipal cun camión volquete con grúa e cunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal
  • Dótase á brigada municipal cun camión volquete con grúa e cunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal
  • Dótase á brigada municipal cun camión volquete con grúa e cunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal