Pestanas principais

Do 4 ao 16 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no Nadal Lúdico

Martes, 05 de novembro de 2013

[05-11-2013] O Concello de Ames pon en marcha un ano máis o programa de conciliación Nadal Lúdico. Deste xeito, a Concellaría de Educación e Servizos Complementarios abre o prazo para inscribirse neste programa co que se ofrece unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo libre dos rapaces e rapazas dun xeito divertido e educativo, permítalles ás nais e pais conciliar o seu traballo coas vacacións dos nenos/as. O prazo para apuntarse estará aberto dende o día 4 ata o día 16 de novembro. O Nadal Lúdico desenvolverase durante os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3, 7, 8 de xaneiro de 2014. Para obter máis información poden chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases dos programas lúdicos e descargar o impreso de inscrición para participar no Nadal Lúdico.