Pestanas principais

Diversas accións conmemoran en Ames o “Día Mundial de loita contra o cancro de mama”

Luns, 18 de outubro de 2021

Dúas sesións de auto aprendizaxe de exploración mamaria, unha sesión de zumba solidaria e a fachada do concello tinxida de rosa, son as accións coas que a concellaría de Sanidade  conmemora un ano máis o “Día Mundial de loita contra o cancro de mama” que se celebra mañá martes, 19 de outubro de 2021. A primeira das sesións de auto exploración levarase a cabo esta tarde, ás 19:00 horas, no pazo da Peregrina, e a segunda nas instalacións do antigo centro de Saúde do Milladoiro, o xoves, 21 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é libre até completar aforo. As inscricións recóllense no mail promociondasaude@concellodeames.gal e no teléfono 649 450 264 .

Os obxectivos que o departamento de Sanidade busca con todas estas accións son os de  concienciar á cidadanía da necesidade de actuar a prol da detención precoz da doenza, axudando a visibilizar o problema para que se siga investigando sobre os xeitos de curación.

A matrona do Centro de Saúde de Bertamiráns, ofrece hoxe, 18 de outubro, ás 19:00 horas no pazo da Peregrina, unha clase na que ensinará a facer unha auto exploración mamaria, práctica que axuda á detección precoz da enfermidade. A clase repetirase o vindeiro o xoves, 20 de outubro, nas instalacións do antigo Centro de Saúde do Milladoiro, e correrá a cargo da matrona do Centro de Saúde do Milladoiro. En ámbolos dous casos, a entrada é libre até completar aforo e as inscricións recóllense no mail promociondasaude@concellodeames.gal e no teléfono 649 450 264 .

Por outra banda, o Centro VeOne  ofrece mañá en Bertamiráns, a partir das 19:30 unha clase de zumba solidaria. As persoas que participen poderán colaborar coa “Asociación Española de loita contra o Cancro”, achegándose á mesa informativa que colocarán no centro deportivo que está situado na Praza Horta de Arriba (piscina). Neste caso non se necesita inscrición previa.

Ademais, como ben sendo habitual, o concello tinxirase de rosa o día 19 de outubro. O obxectivo é de novo o de suliñar a data e concienciar da necesidade de activar protocolos para a detección precoz da enfermidade e para que se sigan investigando novos métodos de curación.

A  concelleira, Luísa Feijóo, quere agradecer, tanto aos Centros de Saúde como ao Centro Deportivo VeOne a colaboración prestada: “Esta doenza cada vez ten máis repercusión nas mulleres, aínda que non podemos esquecer que tamén afecta a homes, e é sabido que a detección precoz da enfermidade é vital á hora de superala; afortunadamente hai un grande índice de supervivencia, porén segue sendo moi necesario continuar coa investigación e datas coa esta axudan á visibilación da doenza e, consecuentemente, á suma de apoios tamén para seguir nesas liñas de investigación e detección precoz”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "A matrona do Milladoiro vai ensinar como autoexplorar os peitos"

AMSGO!: "Ames organiza dúas sesións de auto aprendizaxe para a exploración polo día de loita contra o cancro de mama"

cartaz