Pestanas principais

Distrito 13 17 organiza unha tarde de xogos de mesa na que non faltará a diversión, a estratexia e o traballo en equipo

Luns, 19 de outubro de 2026

A actividade proposta para este venres, 23 de outubro, polo club xuvenil Distrito 13 17, trátase dunha xornada adicada aos xogos de mesa, cunha selección ampla e variada, que fuxirá dos xogos máis tradicionais e vén disposta a descubrirlle aos participantes aquelas propostas máis orixinais e diferentes. A actividade terá lugar no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, e terá unha duración de dúas horas, de 19.00 a 21.00 horas. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. Podes anotarte premendo nesta ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación premendo nesta ligazón.

Durante o mes de outubro continúa a programación de Distrito 13 17 cunha nova actividade qure se vai a realizar este venres, 23 de outubro, en horario de 19:00 a 21:00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Neste caso vaise a organizar unha xornada de xogos de mesa. Deste xeito, nesta segunda actividade de outubro organizaremos unha tarde dedicada aos xogos de mesa, cunha selección ampla e variada para que as persoas participantes poidan descubrir propostas diferentes ás máis habituais.

Haberá xogos de estratexia, nos que será preciso a cooperación, rapidez, creatividade, enxeño e comunicación, combinando partidas curtas con outras propostas que permitan xogar en pequenos grupos. Deste xeito, ademais de gozar dunha tarde de xogo e diversión, os mozos e mozas poderán achegarse aos compañeiros e desenvolver traballos en equipo.

A actividade estará dinamizada polo equipo de Anacos, que irá presentando e explicando os diferentes xogos para que non sexa necesario coñecelos previamente. Durante as dúas horas que dura a actividade, os participantes poderán cambiar de mesa, probar diferentes propostas, xogar con persoas distintas e descubrir novos xogos, empregando o xogo de mesa tamén como ferramenta para relacionarse, compartir e facer grupo.

Distrito 13 17
O Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17,é un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos (nados entre 2013 e 2008) con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes. Este proxecto de lecer busca dinamizar e promover a participación da xuventude a través dunha batería de actividades lúdicas e formativas de diversa temática. 

Inscricións
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través deste formulario dixital ou a través do código QR do cartel. A data límite para inscribirse será, coma sempre, o xoves previo á actividade. Para calquera dúbida, podes contactar con Anacos Educativos, a través do enderezo de correo electrónico info@anacoseducativos.com ou chamando ao número de teléfono 694 216 484.

Distrito 13 17 organiza unha tarde de xogos de mesa na que non faltará a diversión, a estratexia e o traballo en equipo

Multimedia

  • Distrito 13 17 organiza unha tarde de xogos de mesa na que non faltará a diversión, a estratexia e o traballo en equipo
  • Distrito 13 17 organiza unha tarde de xogos de mesa na que non faltará a diversión, a estratexia e o traballo en equipo