Pestanas principais

Diego Castro gaña a proba absoluta da XV Milla Urbana Concello de Ames

Luns, 29 de xuño de 2015

[29-06-2015] Este domingo, 28 de xuño, disputouse a XV Milla Urbana con 282 participantes. O alcalde de Ames, José Miñones, tamén disputou esta proba na que participaron atletas profesionais e afeccionados. Na proba absoluta o campión na categoría masculina foi Diego Castro, mentres que na categoría feminina a campioa foi Andrea Carid. Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Cultura e Educación, Luísa Feijóo, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Blas García, e o concelleiro de Ciudadanos, Javier López.


Por outra banda, na categoría D gañou Puri Carineña Amigo. Segunda foi Mabel Mougán Domínguez e en terceira posición quedou Belén Leiva Fernández. Finalmente, na categoría E impúxose María Dolores Munín García. Na segunda posición quedou Bernice Finn Kieran e a terceira posición foi para Ana Fernández González.

Tralas carreiras os participantes desprazáronse ata a Casa da Cultura do Milladoiro para presenciar o acto de entrega de premios. O alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Cultura e Educación, Luísa Feijóo, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Blas García, e o concelleiro de Ciudadanos, Javier López, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores e gañadoras.

Categorías xuvenil-xunior e veteranos
Na categoría xuvenil-xunior gañou Darius Blanco. Segundo foi José Ramón Ordás e terceiro quedou Segio Cadaval. Na categoría feminina impúxose Ana Carreira. A segunda posición foi para Elena Sagastizabal e no terceiro posto quedou Paula Herbella.

Na carreira de veteranos houbo cinco categorías (A, B, C, D e E). Na categoría A impúxose Gustavo Rios Sánchez. Segundo foi Miguel Cabo Villaverde e terceiro quedou Xosé Antón Barreiro Pereira. Na categoría B impúxose Francisco Pazos Campos. A segunda posición foi para Ricardo Araújo Pérez e terceiro quedou César Taboada Millán. Por último, na categoría C gañou Ramiro Pérez Pereira. Segundo foi José Manuel Insua Rodríguez e na terceira posición quedou Jesús Lodeiro Méndez.

Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as clasificacións das categorías promesa-sénior; xuvenil-xunior; veteranos A, B, C, D, E; e cadete-infantil. Tamén poderás descargar as clasificacións das categorías inferiores (prebenxamín, benxamín e alevín).

Na proba absoluta (categoría promesa-sénior) proclamouse campión Diego Castro. Na segunda posición quedou Juan Pablo Fernández e terceiro foi Anxo Ruanova. Neste categoría, pero na modalidade feminina, gañou Andrea Carid, mentres que na segunda posición quedou Susana Nieto.

A Milla Urbana é unha carreira que xa está consolidada no mundo do atletismo de Ames e da comarca. Este ano celebrouse a décimo quinta edición desta proba que segue espertando o interese de atletas pertencentes a clubs profesionais e de todas aquelas persoas que gozan facendo deporte. Os e as participantes tiveron que percorrer unha milla, é dicir, máis dun quilómetro e medio, por diferentes rúas do Milladoiro fixadas no circuíto que tivo a saída e a chegada no aparcadoiro da Travesía do Porto.

Nesta edición inscribíronse un total de 282 persoas. Os atletas estiveron distribuídos en oito categorías segundo a idade. A distancia que había que percorrer era dunha milla, excepto para os máis pequenos. Os rapaces e rapazas das categorías prebenxamíns, benxamíns e alevíns percorreron unha distancia axeitada a súa idade.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "XV Milla Urbana Concello de Ames"
El Correo Gallego: "Diego Castro y Andrea Carid fueron los vencedores de la Milla de Ames"