Pestanas principais

Dez integrantes do Escola Ames Xadrez participaron nos campionatos provinciais de xadrez por idades

Luns, 07 de febreiro de 2022

O sábado 29 e o domingo 30 de xaneiro disputáronse en Padrón os campionatos provinciais de xadrez por idades, celebrándose o sábado as competicións sub12 e sub14 e o domingo as sub8 e sub10. Dez rapaces e rapazas representaron á Escola Ames Xadrez nas diferentes categorías.

As rapazas e rapaces que participaron como parte da Escola Ames Xadrez nos torneos provinciais foron Marta, Ángel e Óliver, na categoría sub8; Sergio Munín, Sergio Calvo e Unai Casares, na sub10; estes dous últimos tamén na categoría sub12, xunto a Arán e Hugo, e na categoría sub14, Pedro e Noel. Ademais, tamén participou na sub12 Nico, do Val do Dubra, que adestra na escola municipal de Bertamiráns.

Na categoría sub8, a dos nenos e nenas máis novas, Marta, Ángel e Óliver conseguiron sumar a metade dos puntos en liza. Na sub10, Sergio Calvo conseguiu 6 dos 7 puntos en xogo, rematando en segunda posición; Unai quedou sétimo, con 4,5 puntos, mentres que Sergio Munín conseguiu 2 puntos.

Sergio Calvo repetiu resultado e posición na categoría sub12, quedando segundo con 6 puntos. Pola súa banda, Nico, do Val do Dubra, pechou o podio con 5,5 puntos. Arán rematou noveno, con 4 puntos, Unai conseguiu 3 puntos, e Hugo, 1.

Finalmente, na categoría de maior idade, a sub14, Pedro e Noel conseguiron 5 dos 7 puntos cada un, rematando en segunda e terceira posición, respectivamente. Nesta franxa de idade participou tamén Roi, do club Millarengo, que conseguiu 3,5 puntos.

Dez integrantes do Escola Ames Xadrez participaron nos campionatos provinciais de xadrez por idades

Multimedia

  • Dez integrantes do Escola Ames Xadrez participaron nos campionatos provinciais de xadrez por idades