Martes, 10 de setembro de 2013
[10-09-2013] A Deputación da Coruña abrirá o vindeiro 16 de setembro o prazo voluntario para o pagamento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE). O prazo estará aberto ata o 20 de novembro.Entre o 16 de setembro e o 18 de outubto levarase a cabo a exposición pública dos padróns fiscais. A consulta pode facerse de luns a venres, entre as 09:00 e as 14:00 horas, nas Oficinas Xerais do Concello en Bertamiráns e Milladoiro, ou na sede da Deputación da Coruña. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a exposición pública dos padróns fiscais de 2013.