[29-07-2016] O pleno de hoxe da Deputación da Coruña deulle luz verde, co voto favorable de todos os grupos políticos, a investimentos por importe de máis de 3,6 millóns de euros para a mellora da rede viaria provincial nos concellos coruñeses. Ao Concello de Ames correspóndenlle 533.097 euros para executar unha senda peonil entre Bertamiráns e Agro do Muíño.
A Deputación da Coruña acaba de concederlle unha achega de 533.097,12 euros para construír unha senda peonil na estrada provincial DP 0205, que irá dende Bertamiráns ata Agro do Muíño (entre os puntos quilométricos 0,780 e 1,830). A través desta actuación mellorarase a seguridade peonil nesta zona pola que transitan moitas persoas.
Esta senda disporá de 1,80 metros de ancho por 1,1 quilómetros de lonxitude (990 metros pola marxe esquerda e 120 metros pola dereita). Para a súa construción empregarase unha base de zahorra e pavimento de formigón. Inclúese a canalización de pluviais e iluminación e a construción de seis muros de contención de bloque de granito, así como a colocación de nova sinalización horizontal.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ayuda provincial de 500.000 euros para una senda hasta Agro do Muíño"




