[23-06-2017] Espiñazo Pilates, en colaboración co Concello de Ames, presenta por primeira vez no municipio a oportunidade de facer ioga ao aire libre nos xardíns do Pazo da Peregrina. As clases comezaron o pasado luns 5 de xuño. As clases impártense os luns, mércores e venres, ás 10:00 horas. Asemade, a partir do martes, 27 de xuño, comezase a impartir esta actividade os martes e xoves en horario de tarde, de 20:00 a 21:00 horas. O día 5 de xullo comezase tamén con horario nocturno, os mércores, de 21:00 a 22:00 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse nesta actividade enviando un correo electrónico ao enderezo alyssa.fernandez@gmail.com, enviando unha mensaxe por Whatsapp ao número de teléfono 620 55 77 08 ou accedendo á paxina de Facebook @monitoralyssafernadez. Tamén se pode acudir directamente o día da clase ao Pazo da Peregrina. O prezo da actividade é de tres euros por clase.