Pestanas principais

Dende este luns, 5 de xuño, impartiranse clases de ioga no Pazo da Peregrina

Venres, 02 de xuño de 2017

[02-06-2017] Espiñazo Pilates en colaboración co Concello de Ames presenta por primeira vez no municipio a oportunidade de facer ioga ao aire libre nos xardíns do Pazo da Peregrina. As clases comezan este luns, 5 de xuño. Ao longo do mes de xuño as clases impartiranse os luns, mércores e venres, ás 10:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse nesta actividade enviando un correo electrónico ao enderezo alyssa.fernandez@gmail.com, enviando unha mensaxe por Whatsapp ao número de teléfono 620 55 77 08 ou accedendo á paxina de Facebook @monitoralyssafernadez. Tamén se pode acudir directamente o día da clase ao Pazo da Peregrina. O prezo da actividade é de tres euros por clase. En xullo e agosto ampliaranse os horarios.