Pestanas principais

Decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de conserxes en execución da sentenza ditada polo xulgado de Santiago de Compostela

Martes, 02 de agosto de 2016

[02-08-2016] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa do decreto polo que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de conserxes, en execución da sentenza ditada polo xulgado do contencioso administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en data 19 de abril de 2016, no procedemento abreviado 579/2014. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito decreto.