Pestanas principais

Decreto polo que se procede á contratación do persoal das brigadas dos programas de cooperación coas entidades locais

Xoves, 31 de outubro de 2013

[31-10-2013] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o decreto de contratación do persoal das brigadas dos programas de cooperación coas entidades locais. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito decreto. Os interesados/as poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes contado dende o día seguinte á publicación desta resolución. Tamén se pode interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.