[05-07-2017] A realización da baremación correspondente á fase de concurso, terá lugar o vindeiro 7 de xullo ás 09:00 horas nas dependencias da Casa do Concello para o proceso de peóns e ás 10:30 horas para o proceso de xefe de brigada; onde deberá persoarse só o Tribunal para dito finÁ realización do exame correspondente ao primeiro exercicio da fase de oposición para os postos de peóns terá lugar o vindeiro día 10 de xullo de 2017 ás 11:00 horas no Centro de Formación de Aldea Nova, sito na Rúa Costaneira, 2 – Aldea Nova (Ames). Os aspirantes ao posto de peón deberán persoarse, provistos do DNI e un bolígrafo, as 10:45 horas para o seu chamamentoÁ realización do exame correspondente ao primeiro exercicio da fase de oposición para o posto de xefe de brigada terá lugar o vindeiro día 10 de xullo de 2017 ás 12:15 horas no Centro de Formación de Aldea Nova, sito na Rúa Costaneira, 2 – Aldea Nova (Ames). Os aspirantes ao posto de xefe de brigada deberán persoarse, provistos do DNI e un bolígrafo, as 12.00 horas para o seu chamamento.




