Martes, 18 de agosto de 2015
[18-08-2015] O Concello de Ames publica o decreto coa contratación de dous técnicos que ocuparán os postos de persoal laboral na categoría de técnico medio de inserción laboral/prospección de empresas, no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión VIII 2015/2016”. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito decreto.




