Pestanas principais

Dá comezo o curso de monitor/a de actividades de tempo libre organizado pola Concellaría de Xuventude

Luns, 20 de marzo de 2023

O pasado sábado, día 18, deu comezo unha nova edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre que organiza a Concellaría de Xuventude de Ames. Este curso, que está homologado pola Xunta de Galicia e conta con 15 participantes, desenvolverase no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns durante os meses de marzo, abril e maio. Consta de 350 horas de duración (200 horas teórico-prácticas) e 150 horas de prácticas en actividades de tempo libre.

O departamento de Xuventude do Concello de Ames organiza durante os vindeiros meses unha nova edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre. Este desenvolverase durante as fins de semana de marzo, abril e maio en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Trátase dunha formación que capacita para deseñar, programar e pór en práctica distintas actividades socioculturais e de ocio orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais.

A concelleira de Xuventude, Escarlata Pampín, acudiu á primeira xornada para aconsellar ao alumnado “aproveitar este curso para formarse na área das actividades de tempo libre, que ofrece numerosas saídas laborais”. Así mesmo, invitounos a participar “noutras iniciativas dirixidas á mocidade amesá que se organizan dende a Concellaría de Xuventude, e a seguir as nosas redes para estar ao día de todas as propostas”. Por outra banda, animounos a realizar calquera suxestión que consideren útil para os rapaces e rapazas de Ames e que se poida realizar a través do departamento.

O curso ten unha duración de 350 horas, e consta de dúas partes. Por unha banda, ofrecerase unha formación de carácter teórico-práctica de 200 horas Os criterios que serán valorados para puntuar aos participantes son a actitude, o grao de implicación e interese, a capacidade de reflexión, o pensamento crítico e a perspectiva educativa e o traballo personalizado e individual.

Unha vez rematada esa fase teórica, o alumnado ten dous anos para levar a cabo a parte práctica, de 150 horas, nunha actividade de tempo libre (campamentos, colonias, albergues, campos de traballo...) ou nunha asociación ou entidade que traballe en áreas relacionadas co tempo libre. Para rematar o curso, deberase entregar un proxecto de prácticas e unha memoria de elaboración propia e individual.

Metodoloxía eminentemente práctica
O dinamismo e a participación caracterizarán a metodoloxía que se empregará no curso e que buscará a interacción e a participación do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe. Desta maneira, a formación terá un carácter eminentemente práctico, co obxectivo de que as persoas asistentes adquiran as competencias necesarias para o desenvolvemento de determinadas actividades. De igual maneira, ao longo do curso, o alumnado tamén recibirá diferente material que lle servirá como apoio didáctico e que complementará os contidos impartidos na aula.

Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, lexislación...

Os participantes do curso de monitores/as de tempo libre

Multimedia

  • Dá comezo o curso de monitor/a de actividades de tempo libre organizado pola Concellaría de Xuventude
  • Dá comezo o curso de monitor/a de actividades de tempo libre organizado pola Concellaría de Xuventude
  • Dá comezo o curso de monitor/a de actividades de tempo libre organizado pola Concellaría de Xuventude
  • Dá comezo o curso de monitor/a de actividades de tempo libre organizado pola Concellaría de Xuventude