Pestanas principais

Curso sobre as novas medidas hixiénico sanitarias no sector da hostalería

Venres, 24 de setembro de 2021

O GDR “Terras de Compostela”, en colaboración co concello de Ames, organiza un curso para dar a coñecer aos profesionais da hostalería as novas medidas hixiénico sanitarias que veñen de poñerse en marcha no sector. O curso desenvolverase o martes, 28 de setembro, entre ás 17:00 e as 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.  Os/as profesionais interesados/as en asistir deberán enviar un correo ao departamento de turismo sonia.moure@concellodeames.gal, ou chamar ao teléfono 981883002, ext 9966. Os/as asistentes recibirán un diploma que acredite a súa asistencia ao curso. 

O taller leva por título: “Taller: medidas hixiénico sanitarias e de seguridade na hostalaría e restauración, no contesto de Covid19” e responde a á necesidade de formar aos profesionais do sector, logo de que entrase en vigor a obrigatoriedade de formarse para coñecer as as novas normas e os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias para o sector (DOG NÚM 177-Bis). Esta formación deberán recibila tanto os propietarios e xerentes dos establecementos como o resto dos profesionais que traballan no sector. A formación será válida para os dous niveles (1C ou 2C) aos que se pode optar.

A formación, que se desenvolverá o martes, 28 de setembro, entre ás 17:00 e as 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, é de balde e as prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición no correo de turismo (sonia.moure@concellodeames.gal) ou no teléfono 981883002, ext 9966. O curso está aberto a profesionais de Ames e do resto dos concellos que forman o GDR, Grupo de Desenvovemento Rural, “Terras de Compostela”.

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens, convida aos profesionais da hostalería e a restauración a facer o curso: “Non se trata só da obrigatoriedade que marca a lei para os profesionais do sector, trátase tamén de conseguir que o sector estea o suficientemente preparado de xeito que a bisbarra acade niveis óptimos de excelencia e calidade”.

Podes consultar aquí o anuncio no que se recolle a Orde, emitida pola Consellaría de Sanidade o 14 de setembro de 2021, na que se recolle o novo Plan de Hostalería Segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Novas relacionadas

EL Correo Gallego: "Milladoiro acoge el martes un curso obligatorio para formar con el GDR a profesionales de hostelería en normas sanitarias"

Revista AmesGO: "Curso de medidas hixiénico sanitarias para hostalería en Ames"

cartaz